Programa electoral

PROGRAMA PP RIBADEO 2023

Economía e emprego

  1. Facilitaremos a implantación de novas empresas no polígono industrial (con rebaixas fiscais e do solo)
  2. Crearemos un viveiro de empresas, espazos coworking e espazos de aluguer para teletraballo (zonas de wifi, servizos de impresión, sala de reunións…).
  3. Simplificaremos e axilizaremos os trámites para facilitar a creación de empresas a través dun portal de emprendemento dixital e de apoio técnico.
  4. Elaboraremos un Plan integral para a Praza de Abastos, que incluirá a rehabilitación do espazo a súa dinamización e a posta en valor dos produtos de proximidade.
  5. Impulsaremos novos ciclos formativos para o Centro ClFP Porta da Auga e para o CFEA Pedro Murias.
  6. Potenciaremos e dinamizaremos o Mercado dos Domingos.
  7. Apoiaremos a posta en marcha de novos proxectos empresariais innovadores promovendo Iniciativas Locais de Emprego (ILes)

Saúde e coidados

  1. Faremos realidade o novo Centro de Saúde que traerá novos servizos, mellor accesibilidade e incluirá o 061 nas mesmas instalacións.
  2. Reformaremos integralmente o Hospital Asilo San Sebastián e San Lázaro.
  3. Melloraremos o Servizo de Asistencia no Fogar e solicitaremos un aumento de horas á Xunta de Galicia.
  4. Reforzaremos as actividades do Centro de Día e do centro social e dotarémolo de transporte desde as parroquias.
  5. Implantaremos o programa Preto de ti (Coidados porta a porta, actividades de mellora da psicomotricidade e a memoria, actividades de lecer…).
  6. Promoveremos accións de asociacionismo e voluntariado para persoas maiores cara a un envellecemento activo.
  7. Institucionalizaremos o día do xubilado.
  8. Xestionaremos a inclusión de Ribadeo na Rede Galega de Atención Temperá.
  9. Reforzaremos as axudas a familias vulnerables.

Medio Ambiente

  1. Elaboraremos e poñeremos en marcha un novo Plan Municipal de Residuos.
  2. Dinamizaremos a Casa da Ría.
  3. Implantaremos un Plan de sensibilización medioambiental: xornadas, celebracións… en colaboración cos centros escolares e as asociacións.
  4. Recuperaremos as áreas recreativas da vila e do rural, parques biosaudables e outras áreas de lecer.
  5. Potenciaremos as rutas de sendeirismo existentes e crearemos novos itinerarios.
  6. Impulsaremos o proxecto Senda Verde do Tren Mineiro Ribadeo-Vilaodrid.
  7. Dotaremos ás parroquias de depósitos de auga para a extinción de incendios.
  8. Promoveremos o aproveitamento de residuos orgánicos (céspede, podas…) tanto municipais como privados.
  9. Implementaremos as actuacións recollidas no Plan de Especial de Protección de As Catedrais
  10. Solicitaremos ó goberno central o desmantelamento total da leitería de Reme para crear un espazo de lecer.
  11. Habilitaremos unha zona de recreo para mascotas.

Infraestruturas e urbanismo

  1. Construiremos novos aparcadoiros públicos para turismos e un para camións.
  2. Construiremos un centro multiusos para albergar distintas actividades e eventos (feiras, exposicións…)
  3. Xestionaremos a construción dun segundo acceso dende a A8 a Ribadeo e doutro acceso á estrada de circunvalación desde a estrada de Vilela.
  4. Melloraremos a iluminación nas parroquias e na vila (pasos de peóns, estrada do Faro…).
  5. Levaremos a cabo unha mellora integral do Parque Infantil Municipal.
  6. Melloraremos os equipamentos de todos os barrios da vila, renovando  o mobiliario urbano e garantindo o mantemento do existente.
  7. Redactaremos un novo plan de tráfico e seguridade viaria que poña especial atención nas zonas escolares e naquelas de alta afluencia de peóns.
  8. Revisaremos a taxa de terrazas e crearemos unha nova normativa consensuada co sector da hostalería sen prexuízo para os viandantes.
  9. Promoveremos un pacto entre administracións que garanta a renovación da tubaxe e novas captacións para o abastecemento de auga potable.
  10. Desenvolveremos o Plan Rexurbe poñendo en valor o casco histórico.

Rural 

  1. Crearemos unha brigada municipal de atención ó rural.
  2. Construiremos aparcadoiros públicos nas parroquias.
  3. Melloraremos a rede viaria con aglomerado asfáltico e cunetas de formigón.
  4. Avanzaremos no saneamento das parroquias.
  5. Acondicionaremos zonas de carga e descarga de madeira, así como as pistas forestais,
  6. Apoiaremos o sector forestal, a agricultura, a gandaría, as enerxías renovables e o turismo como eixos dinamizadores do noso rural.
  7. Incrementaremos a colaboración institucional do concello coas asociacións de veciños do rural.
  8. Seguiremos rehabilitando o patrimonio natural, cultural e histórico das nosas parroquias.
  9. Favoreceremos o asentamento de poboación no rural coa redución de taxas municipais.
  10. Impulsaremos a implantación de novas empresas no rural e fomentaremos a creación de Iniciativas de Emprego Rural (IER).
  11. Traballaremos pola mellora da xestión forestal do concello, en colaboración coas comunidades de montes.

Bo goberno

  1. Reduciremos impostos e taxas municipais, como por exemplo para a rehabilitación de vivendas no rural e na vila.
  2. Melloraremos a páxina web do concello converténdoa nun portal amigable, funcional e de comunicación coa cidadanía.
  3. Potenciaremos a administración electrónica e faremos campañas de información e formación para a cidadanía sobre o seu uso.
  4. Melloraremos o aproveitamento das fonte de financiamento (fondos europeos, plans estatais, autonómicos e provinciais…)
  5. Eliminaremos o imposto sobre o Incremento do Valor dos Terreos de Natureza Urbana (plusvalía municipal).
  6. Aboaremos en tempo e forma as subvencións ós clubs deportivos, ás asociacións veciñais  e  demais entidades.
  7. Implementaremos a Oficina de Xustiza do Concello (para tramitacións, en base a nova normativa)
  8. Fraccionaremos o pago do IBI.
  9. Impulsaremos o equipo de Protección Civil Municipal con campañas de voluntariado, accións formativas e dotacións materiais.
  10. Crearemos unha Comisión Municipal de Participación Cidadá na que o goberno municipal escoitará periodicamente as aportacións da veciñanza.

Turismo e sector servizos

  1. Impulsaremos o comercio local e ampliaremos a colaboración co centro comercial aberto e ACISA.
  2. Elaboraremos e executaremos un Plan estratéxico de desenvolvemento turístico xestionado por un ente público-privado.
  3. Apostaremos polo turismo cultural e de congresos como creador de emprego e riqueza.
  4. Poñeremos en marcha a comercialización de paquetes turísticos e reforzaremos a fidelización dos nosos visitantes.
  5. Incrementaremos a colaboración coas festas e eventos locais, en especial aquelas que contan o recoñecemento de Festa Interese Turístico Galego.
  6. Coordinaremos os servizos municipais, os sectores hostaleiro e de servizos e as entidades implicadas para o deseño, información e difusión das programacións e actos culturais e turísticos.
  7. Xestionaremos o nomeamento de Ribadeo como inicio de etapa do Camiño Norte.
  8. Construiremos un albergue de peregrinos en A Ponte de Arante.
  9. Reabriremos a Oficina do Peregrino para potenciar o Camiño Norte.
  10. Crearemos unha área de servizo sustentable para caravanas.
  11. Fomentaremos un foro turístico como xerme de novos proxectos.
  12. Promocionaremos as festas e eventos municipais (Xira, Indianos…) no propio concello, pero sobre todo fóra del con campañas de presentación e difusión en localizacións estratéxicas.
  13. Implementaremos unha taxa turística para a visita á Praia das Catedrais que se convertirá nun bono desconto no sector servizos de Ribadeo.

Cultura e educación

  1. Rehabilitaremos o vello colexio das monxas para convertelo na Casa da Música.
  2. Crearemos un padroado cultural e de festas que dinamice estas actividades.
  3. Apoiaremos os festivais musicais existentes na actualidade e fomentaremos novas iniciativas.
  4. Dinamizaremos e poñeremos en valor o Cine Teatro e acondicionaremos o Auditorio Municipal.
  5. Fomentaremos as habilidades de oratoria e liderado así como o coñecemento da administración local do alumnado dos centros escolares.
  6. Colaboraremos cos centros educativos en actividades diversas (coeducación, igualdade, animación á lectura…)
  7. Acondicionaremos os accesos á escola infantil.
  8. Asinaremos convenios ou acordos de colaboración con Universidades para a realización de actividades de formación, xornadas e foros en Ribadeo.
  9. Habilitaremos un espazo municipal para a realización de actividades formativas ou de divulgación dos colectivos e asociacións local.
  10. Crearemos no Forte de San Damián un centro de interpretación relacionado coa súa localización e historia.
  11. Habilitaremos diferentes espazos para salas de exposicións.

Mar

  1. Seguiremos impulsando os dragados periódicos para garantir o futuro do Porto de Mirasol.
  2. Crearemos o salón Náutico de Ribadeo.
  3. Xestionaremos a ampliación das instalacións do Porto deportivo.
  4. Faremos de Ribadeo Sede de congresos e xornadas naúticas.
  5. Desenvolveremos, en colaboración cos centros escolares actividades de divulgación das actividades que se levan a cabo na zona portuaria (Centro de cultivos marinos, lonxa, porto deportivo…).
  6. Promoveremos a alimentación saudable baseada nos produtos do mar (peixes, algas…)

Mocidade e deporte

  1. Construiremos un campo de herba artificial e unha pista de atletismo.
  2. Impulsaremos a celebración de cursos, xornadas… e institucionalizaremos o Día do Deporte Ribadense coa participación de todos os clubs.
  3. Manteremos e repararemos as instalacións deportivas (pavillón municipal, Campo do Outeiro…).
  4. Dotaremos de bedel ás instalacións deportivas para fomentar e axilizar o seu uso.
  5. Apostaremos polo deporte no rural mellorando as instalacións e potenciaremos os deportes tradicionais.
  6. Crearemos espazos de ocio para adolescentes.
  7. Potenciaremos as actividades interxeracionais así como o voluntariado xove.
  8. Organizaremos actividades específicas para os xoves, xestionando tamén o uso das dependencias municipais para grupos (pavillóns, salas de reunións…).
  9. Potenciaremos as noites alternativas adscribíndoas a temáticas diversas (moda, teatro, libro, grafitti…)

Coa igualdade

  1. Daremos visibilidade no ámbito cultural ás autoras, artistas e creadoras.
  2. Impulsaremos o desenvolvemento dos talentos STEM, porque as mulleres tamén somos de ciencias.
  3. Reforzaremos e ampliaremos os servizos tanto na vila como no rural dos centros de información a muller.
  4. Favoreceremos unha maior coordinación das administracións en canto a protección e asesoramento da muller e os seus fillos nos casos de violencia de xénero.
  5. Potenciaremos o deporte feminino con medidas concretas para impulsar os seus éxitos tanto a nivel nacional como internacional e para alcanzar a paridade na práctica e na xestión do deporte.
  6.  Impulsaremos o emprendemento, formación e asistencia para as mulleres que faciliten a súa incorporación ao mercado laboral, tanto por conta allea como por conta propia.
Scroll al inicio